Tui contará co rexistro electrónico, primeiro paso cara a implantación da administración electrónica

27.03.2017

Tui, marzo de 2017.-Dende mañá mércores, 22 de marzo, toda a documentación que se presente por rexistro de entrada no Concello de Tui pasará a estar dixitalizada. Co posta en marcha do rexistro electrónico dáse o primeiro paso de cara a implantación da administración electrónica no concello tudense. O seguinte proceso será o inicio do xestor de expedientes, o mércores 29 deste mes, proseguindo nas próximas semanas nos distintos servizos ata completarse o cento por cento dos departamentos.

A implantación da administración electrónica, que se realiza  a través da plataforma Xestiona desenvolvida pola empresa esPublico, permitirá axilizar os trámites coa administración municipal sen ter que desprazarse fisicamente ata a casa do concello, ao tempo que supón un gran cambio na organización interna, conlevará unha mellor comunicación entre departamentos, e maior transparencia.

 

Lea la noticia completa aquí