O Concello de Cambados inicia os trámites para implantar a administración electrónica

30.01.2017

El Concello de Cambados comienza el proyecto de administración electrónica.

Cambados, enero de 2017.-A empresa seleccionada dentro do proxecto impulsado pola Deputación de Pontevedra para a implantación da administración electrónica en Cambados iniciou no día de hoxe os tramites para dar comezo a este proceso. Hoxe foi presentada a ferramenta esPublico Gestiona aos xefes de departamento e a alcaldesa de Cambados xunto cos concelleiros Xurxo Charlín e Miguel Pérez e estableceuse o calendario de implantación no Concello xunto cos pasos a dar. Nun primeiro momento establecéronse uns obxectivos comúns, como é o de camiñar cara o expediente electrónico e adaptar o Concello de Cambados a lexislación vixente nesta materia, permitindo o dereito ás veciñas e veciños de Cambados a tramitar de forma electrónica os expedientes e poder tramitar con outras administracións expedientes electrónicos, para o que se estableceu unha metodoloxía baseada en tres piares: ter unha boa ferramenta informática, unha actualización xurídica precisa, e unha correcta xestión do cambio.

Lea la noticia completa en La Voz de Galicia