Gondomar pon en marcha a Administración electrónica

30.05.2017

El Concello de Gondomar apuesta por Gestiona para mejorar el nivel de transparencia y accesibilidad documental de la administración.

Gondomar, octubre de 2016.-O Concello de Gondomar aposta por implantar a administración electrónica, ao incorporar un novo sistema de xestión de expedientes máis áxil e económico, deixando atrás as vellas ferramentas que tradicionalmente se utilizaban para relacionarse coa Administración Local.

A implantación da plataforma “Xestiona” permitirá ofrecer un nivel de transparencia maior, ao contar con todos os documentos ordenador, asinados e dixitalizados na nube o que posibilita de poñelos a disposición do cidadán dunha forma máis sinxela e accesible.

Os usuarios poderán acceder a trvés do enlace http://concellodegondomar.sedelectronica.gal ou tamén a través da páxina web do concello, concellodegondomar.gal. O novo modelo, que empezou a implantarse hai tan só un mes e que xa está completamente asimilado nas diversas áreas municipais. Supón un cambio profundo na organización interna, mellorando drásticamente a eficiencia e transparencia na xestión municipal e nas relacións cos administrados.

Lea la noticia completa aquí